Alberto Garaizabal Macasaga, 7 Bº Someso

15008 - (SOMESO) A CORUÑA
Tel.: 981 295 706 Móvil: 649 966 386

Pretendemos facer da nosa Escola Inantil unha saiña familiar, na que os nenos e nenas estean en contacto coa natureza, teñan espacios ó aire libre para xogar e que se sintan nun ambiente cómodo de relación con outros nenos e nenas, nun marco o máis parecido á súa familia.

Estamos nun lugar cheo de árbores, con xardín e por onde os cativos podan xogar, brincar, correr, pasear... para que se críen na pura natureza, medren no campo e vivan na cidade.

Os primeiros nenos e nenas de "A Cabaniña" xa medraron e fomos adaptando a "casiña" ós novos tempos e ás novas circunstancias. Ó longo de tantos anos criamos másis de setecentos cativos e, aínda que con moita más experiencia, seguimos coa mesma ilusión de conseguir co froito do noso esforzo unha mellora na calidade do ensino do Centro.

O local é unha casa de uso exclusivo e con acceso independente dende o exterior. Conta con tres unidades con unha aula de máis de 30 m² para cada unha delas. As salas destinadas ós más pequenos, menores de 2 anos, teñen áreas diferenciadas para o descanso e a hixiene. A aula dos nenos e nenas de 2 a 3 anos ten un aseo con dous lavabos e dous inodoros. Dispón dun patio de xogos de uso exclusivo do centro e unha horta con árbores froitales e onde plantamos tomates, leitugas, etc. Así mesmo, existe un despacho onde se reciben ós pais e ás nais e unha sala de usos múltiples de 70 m². Por último, tamén se conta con unha cociña independente das aulas para a preparación de alimentos.

DISTRIBUCIÓN DOS GRUPOS DE NENOS E NENAS

Procuramos que a organización dos grupos dentro do centro sexa flexible porque pensamos que, ó tempo que coñecen os seus espacios e ás súas educadoras tamén poden aprender dos demais compañeiros. Poden asumir pequenas responsabilidades con outros nenos e nenas que precisan axuda nun momento dado, e observar de cerca cómo é o proceso de medrar e vivir con copañeiros máis pequenos. Teñen a posibilidade de asimilar e integrar esquemas de coñecemento e aprendizaxes sen presas, ó poderse agrupar con nenos de menor idade que realizan acitividades que eles xa fixeron con anterioridade e que lles fai ilusión ensinarlles na súa execución.

O criterio base que seguimos para organizar os grupos é a idade cornolóxica, pero prestamos especial atención ás diferencias que existen dentro das idades:

  • Unidade de 0 a 1 anos, grupo menor de 8 cativos
  • Unidade de 1 a 2 anos, grupo de ata 13 cativos
  • Unidade de 2 a 2 anos e medio, grupos menores de 10 cativos
  • Unidade de 2 anos e medio a tres, grupos menores de 10 cativos
Cada educadora é titora de un dos grupos, pero intercambiase para a realización de actividades determinadas nas que cada unha está máis especializada.

ORGANOS DE APOIO

  • Coordinación Pedagóxica
  • Transporte
  • Comedor
  • Natación
ORGANIZACIÓN INTERNA DAS AULAS

Una manera de organizar as aulas é distribuír os materiais en currunchos de traballo, en función das áreas curriculares e dos obxectivos propostos:

  • Curruncho da alfrombra
  • Currunchos dos xogos de creación e manipulación
  • Curruncho do aire libre
  • Curruncho da observación da natureza
  • Curruncho da expresión plástica
  • Curruncho do aseo
O noso proxecto educativo é:
UN AMBIENTE FAMILIAR EN CONTACTO COA NATUREZA.

ABERTO TODO O ANO

HORARIO DE 07'00 A 21'00 H

Accede al Buscador Comercial de Las Guías de Internet